ATENCIÓN 24 H mail@tradlingua.com

Tradlingua: tradutores e intérpretes

Condicións de uso

Estas condicións regulan o uso do sitio de internet www.tradlingua.com, propiedade da empresa LOCPROS SL, en adiante 'Tradlingua', nome comercial da mesma.

Tradlingua resérvase o dereito a modificar as presentes condicións de uso co obxecto de adecualas á lexislación vixente aplicable en cada momento, ou ás necesidades derivadas do funcionamento do sitio web.

Estas condicións non exclúen a posibilidade de que determinados servizos do sitio web, polas súas características particulares, dispoñan, ademais destas condicións xerais, das súas propias condicións particulares de uso.

A utilización da web e, particularmente, a cobertura de calquera dos formularios nela dispoñibles, atribúe a condición de usuario da web e supón a aceptación plena e sen reservas por parte do usuario, das presentes condicións na versión publicada por Tradlingua no intre no que o usuario acceda á mesma.

A través da web de Tradlingua facilítase ós usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos, postos a disposición do usuario por Tradlingua e, eventualmente, terceiros provedores de servizos e contidos.

Tradlingua resérvase o dereito a modificar unilateralmente, en calquera momento, e sen aviso previo, a presentación e configuración da mesma e dos servizos prestados a través dela, así como as súas condicións de utilización.

Con carácter xeral os servizos ofertados a través do sitio web terán carácter gratuíto. Tampouco será necesario, con carácter xeral, o rexistro como usuario da web, non obstante Tradlingua poderá en calquera momento modificar as condicións de acceso ós servizos.

O usuario recoñece e acepta que o uso dos contidos e servizos ofrecidos por Tradlingua na súa web realízase baixo o seu único e exclusivo risco e responsabilidade.

O usuario comprométese a utilizar o sitio web e todo o seu contido e servizos de acordo co establecido na lei, a moral e a orde pública e de acordo coas presentes condicións xerais de uso e das condicións particulares que, no seu caso, lle sexan de aplicación. Así mesmo, comprométese a facer un uso adecuado dos servizos e contidos da web e a non empregalos para realizar actividades ilícitas ou contrarias á moral e á orde pública, que atenten contra os dereitos de terceiros ou que infrinxan os dereitos da propiedade intelectual e industrial, ou calquera outra norma aplicable.

Tradlingua non será responsable dos fallos que se puideran producir nas comunicacións, incluído o borrado, transmisión incompleta ou atrasos na remisión, non comprometéndose tampouco a que a rede de transmisión estea operativa en todo momento. Tampouco responderá Tradlingua en caso que un terceiro, quebrantando as medidas de seguridade establecidas polo mesmo, acceda ó contido restrinxido ou direccións de e-mail e os utilice para a remisión de virus informáticos.

Tradlingua non pode garantir a invulnerabilidade absoluta dos seus sistemas de seguridade, nin pode garantir a seguridade ou inviolabilidade destes datos na súa transmisión a través da rede.

Tradlingua resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ó sitio web ou ós servizos, en calquera momento, e sen necesidade de aviso previo a aqueles usuarios que incumpran as presentes condicións.

Nos casos non previstos nestas condicións xerais, así como na interpretación e resolución dos conflitos que puideran xurdir como consecuencia dos mesmos será de aplicación a lexislación española. Tradlingua e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro, sométense ós Xulgados e Tribunais de Lugo para calquera controversia que puidera derivarse da prestación de servizos obxecto destas condicións.

× Empresa Servizos de tradución Servizos de interpretación Servizos de localización Maquetaxe/enxeñería Servizos adicionais Contacto Emprego